MERCADILLO DE 2º MAN E LABORES

cartel

O Concello de Culleredo organizará o domingo 17 de marzo o seu primeiro Mercadillo de Segunda Man e Labores. Terá lugar na praza de Europa do Burgo, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Será unha oportunidade para vender obxectos usados ou feitos manualmente. Para ostentar un posto é necesario formalizar a inscrición que se adxunta.

Esta accion, impulsada pola Concellería de Servizos de Dinamización Local, pretende ofrecer unha oportunidade económica, á vez que dinamizar a rúa.

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NO MERCADO

  • O mercado de segunda man é un mercado de obxectos usados ou feitos manualmente.
  • Está permitida a venda, compra, regalo e intercambio.
  • Non están permitidos os produtos alimentarios, plantas ou animais. Tampouco están permitidos os saldos.
  • A participación está aberta a toda a cidadanía e se pode facer de xeito individual ou en representación dunha entidade ou asociación. Está prohibida a participación de profesionais do comercio.
  • Cada posto deberá ocupar un máximo de 2 metros, e non se dispón de ningún tipo de infraestructura, cada participante ten que traer a súa.
  • Cada participante é responsable dos seus obxectos, tanto do transporte e colocación como da súa recollida unha vez rematado o mercado. Haberá un espazo habilitado para carga e descarga.
  • Ademais cada participantante é responsable de deixar limpo o espazo unha vez recollido o posto. A organización porá a disposición dos participantes unha bolsa para recoller os refugallos.
  • Os vehículos dos participantes non poderán ocupar o espazo onde está ubicado o mercado.
  • O horario do mercado é de 10:00 a 14:00. A Montaxe é de 9:00 a 10:00. Ás 15:00 o espazo debe estar limpo e libre de obxectos.
  • A ocupación dos postos é de balde pero é imprescindible inscribirse seguindo o procedemento establecido polo concello.

O prazo de inscrición comenza o día 26 de febreiro e remata o día 12 de marzo.

Información e inscrición:
Casa Consistorial. Rúa do Concello, 12. Culleredo. Teléfono: 981677777. Extensión: 1057 ou 1138
Correo electrónico: turismo@culleredo.org
Fax: 981677646

Anuncios

Acerca de culleredoturismo

Información turística do Concello de Culleredo
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.