Camiño Inglés

O Camiño Inglés entra no municipio, procedente da Coruña, pola Avenida Miguel González Garcés e xira á esquerda pola Rúa de Quintas. Continua por Eduardo Blanco Amor e enlaza con Jorgé Guillén. Cruza a Avenida de Fonteculller no paso de peóns que chega ao colexio A Ponte Pasaxe. Intérnase pola rúa Miramar e ao chegar a urbanización A Ría, baixa á dereita ata chegar ao Paseo Marítimo do Burgo. Discorre polo paseo ao longo do carril-bici e o c amiño empedrado paralelo, ata a Ponte do Burgo. Sube á dereita, ata a igrexa de Santiago do Burgo, cruzado no paso de peóns da Avenida da Coruña para seguir pola rúa Coliina e Pablo Picasso ata chegar á Avenida de Galicia. Xira á esquerda por dita avenida e, na fonte dos Pelamios, sube pola rúa dos Pelamios, rúa de San Xiao (pasando fronte da igrexa de Almeiras), rúa de Choeira e rúa das Catas. Colle logo, á esquerda, pola rúa Arcebispo Xelmirez, bordeando o castro de Alvedro, baixando pola cara sur do castro de Alvedro, baixando pola cara sur do castro (norte do polígono industrial de Alvedro) ata a Avenida de Alvedro (N550). Baixa paralelo á Avenida de Alvedro polo Parque empresarial e, no lindeiro sur do polígono, torce á esquerda e cruza o Río Valiñas pola ponte  medieval da Xira para internarse no Concello de Cambre.

Anuncios