Concellería de Dinamización Local

  ISIDRO TAIBO GAGO

CONCELLERIO DE SERVIZOS DE DINAMIZACIÓN LOCAL

É un pracer como Concelleiro presentar este blog da Concellería de Dinamización Local de Culleredo, que pretende ser un instrumento de promoción e difusión do noso concello.

Desde esta Concellería buscamos promover actividades que fomenten a convivencia entre a veciñanza de Culleredo e promocionar o turismo como elemento dinamizador da economía e o desenvolvemento local.

Culleredo é un municipio con identidade propia e numerosos recursos. A zona urbana vertebrase principalmente a traves da Ría do Burgo entre Vilaboa e O Burgo. A súa oferta comercial é de ocio e amplia, de calidade e  dispón de numerosos espazos lúdicos como o Paseo Marítimo do Burgo ou o recentemente restaurado Pazo de Villa Melania.

A zona rural goza dun gran patrimonio paixaxístico como o monte Xalo e o Rego das Xesteiras. Destaca tamén o Parque e a Torre de Celas e  unha oferta gastronómica tradicional e afamada.

Invitoche a disfrutar de Culleredo, do seu comercio, da súa hostelería, dos seus recursos naturais e patrimoniais e sobre todo da súa xente.