Ecomercado

O Ecomercado de Culleredo  empezou no ano 2005 como un espazo de venda de produtos ecolóxicos (certificados) co obxectivo de promocionar este tipo de produtos entre a poboación,  facendo fincape en tres puntos:

1. Recuperar unha forma de vida: o mercado de produtos ecolóxicos de Culleredo pretende recuperar a actividade tradicional do comercio rural. En tempos antigos o día da feira non se considerada só como unha oportunidade de facer negocio, senón que tamén era unha ocasión para establecer contactos cos habitantes dos pobos veciños.

2. A calidade como norma: O mercado de produtos ecolóxicos de Culleredo non só garante o respecto que  estes cultivos teñen cara ao medio, senón tamén a consecución de maior calidade posible no momento da súa recolección.

3. Os produtos da nosa terra: Galicia é unha terra con especial dotación para o desenvolvemento da agricultura ecolóxica.

O Ecomercado celebrase na actualidade no recinto do Feirón de Culleredo nun espazo diferenciado para a venda exclusiva de produtos ecolóxicos, o segundo  domingo de mes na Avenida de Vilaboa.