Visitas

XARDÍN BOTÁNICO RÍA DO BURGO. AULA DA NATUREZA “JUAN LEMBEYE”

Localización: Avda. Xoán Carlos I, s/n. Paseo Marítimo do Burgo. O Burgo – Culleredo.

Horario:

  • Luns a venres: 18:00 a 21:00h (verán) e 16:00h a 19:00 (inverno).
  • Sábado: 12:00h a 14:00h e 16:00h a 19:00h.

Teléfono: 981 190 016

O Xardín Botánico Ría do Burgo atópase no Paseo Marítimo do Burgo, á beira da ría, cunha extensión de 50.000 m2. Este espazo acolle unha gran variedade de especies autóctonas e tamén recrea  un xardín ao estilo dos pazos galegos, así como pequenos xardíns tradicionais de  distintas partes do mundo. Conta cun invernadoiro, un parque infantil e unha lagoa que se enche coa subida da marea.

Dentro do Xardín Botánico está a Aula da Natureza “Juan Lembeye” onde se realizan numerosas actividades medioambientais e culturais.

MUSEO MUIÑOS DE ACEA DE AMA “ANDRÉS PAN VIEIRO”. SALA DE EXPOSICIÓNS “XOSÉ REY LAGO”.

Localización: Avda. Acea de Ama, s/n. O Burgo – Culleredo.

Horario:

  • Luns a venres: 18:00h a 21:00h.
  • Sábado: 12:00h a 14:00 e 16:00h a 19:00h.

Teléfono: 981 665 597

Está situado na parroquia do Burgo, nun dos muíños de marea, construídos no século XII e coñecidos por ser dos máis antigos de Galicia, funcionaron como tal durante oito séculos. O museo Muíños Acea de Ama está adicado ao mundo dos muíños de marea que funcionaban con auga de mar.

A sala de exposicións “Xosé Rey Lago” acolle  exposicións temporais de temática diversa.

 

 IGREXA DE SANTIAGO DO BURGO

 Localización: Avda. da Coruña. O Burgo – Culleredo.

É unha igrexa románica reformada no século XVIII. No seu interior pódense contemplar restos do século XII. Atópase na ruta histórica de peregrinación, tamén coñecida como Camiño de Santiago Inglés. É un dos templos de culto e oración adicados a Santiago Apostol.

PONTE DO BURGO

Localización: Avenida da Coruña. O Burgo – Culleredo.

A ponte de Burgo atópase sobre a Ría do Burgo comunicando os concellos de Culleredo e de Cambre. Foi  construído no século XV sobre os restos dunha ponte romana. A principios do século XIX foi arrasada polos ingleses nas guerras napoleónicas. Foi restaurada no ano 1993 por rapaces e rapazas  don concello que  formaban parte da Escola Obradoiro “Ponte do Burgo”. Esta fermosa ponte chea de  historias é o simbolo do concello.

 

 TORRE E PARQUE DE CELAS

Localización: Celas – Culleredo.

A Torre de Celas é o único resto que se conserva da fortaleza medieval construída no século XIV, propiedade dos Condes de Andrade. Foi destruída polos Irmandiños e reconstruída no século XV. Ten unhas dimensións de 12m de altura e 8 x 8 de planta. En 1992 foi outra vez reconstruída pola Escola Obradoiro “Ponte do Burgo” que tamén acondicionou o seu entorno como parque público.

 

 PASEO MARÍTIMO DO BURGO

Localización: O Burgo (O Burgo  – Culleredo). Fonteculler (Rutis – Culleredo).

Inicio: Ponte da Pasaxe.

Chegada: Rúa Templarios.

Distancia: 3,72KM.

Duración: 1h e 30 minutos.

Dificultade: Baixa.

Puntos de interese: Museo dos Muíños de Acea de Ama “Andrés Pan Vieiro”  e sala de exposicións “José Rey Lago”, Xardín Botánico “Ría do Burgo” e Aula da Natureza “Juan Lembeye”, Ponte do Burgo e Igrexa de Santiago do Burgo. Conecta co Paseo Fernando II e Tierno Galván.

É un dos paseos marítimos máis antigos da comarca, bordeando parte da Ría do Burgo cunha importante riqueza marisqueira e ornitolóxica. Ten unha lonxitude aproximada de 4Km e coincide cun tramo do roteiro xacobeo do Camiño Inglés. Este traxecto consta con numerosos espazos verdes e de lecer, como o Xardín Botánico Ría do Burgo, o carril bici con duas bancadas de bicicletas do servizo de  préstamo municipal, zonas de  xogo infantil e pistas polideportivas.

 

PASEO TIERNO GALVÁN. PASEO FERNANDO II

Localización: Avda. Tierno Galván. Acea de Ama. O Burgo  – Culleredo.

Inicio: Ponte da autoestrada AP9.

Chegada: Muíño de Acea de Ama.

Distancia: 1 KM.

Duración: 20 minutos.

Dificultade: Baixa.

Puntos de Interese: Museo dos Muíños de Acea de Ama “Andrés Pan Vieiro”. Conexión co Paseo Marítimo do Burgo e co Paseo do río Trabe.

Concebido como un circuíto pechado ao redor do último tramo do río Trabe, o percorrido exténdese polas dúas ribeiras cunha lonxitude aproximada de 1Km. O seu itinerario de carácter urbano transcorre por sendas de terra e asfaltadas, cunha zona de xogos infantís e bancos onde descansar.

 

 PASEO DO RÍO TRABE OU DA FONTE DA BALSA

Localización: Vilaboa. Rutis – Culleredo.

Inicio: Rúa Luis Seoane.

Chegada: Ponte da autoestrada AP9.

Distancia: 1,5 KM.

Duración: 20 minutos.

Dificultade: Baixa.

Puntos de Interese: Muíño Fonte da Balsa, Conexión co paseo Fernando II e Tierno Galván.

Este itinerario urbano transcorre a carón do río Trabe no lugar de Vilaboa. Comeza xunto á estrada N-550, na rúa Luis Seoane, onde hai dous ramais, sendo o de menor lonxitude o que  discorre contra a corrente do río.

Ademáis de poder gozar da flora e fauna típica da ribeira fluvial galega, o paseo do río Trabe conta cun muíño fluvial recentemente restaurado.

O paseo  dispón de carril bici, unha bancada de bicicletas do servizo de préstamo municipal ao comenzo do paseo, bancos e  fontes de auga potable.

 

 PASEO FLUVIAL REGO DAS XESTEIRAS

Localización: Celas – Culleredo.

Inicio: AC 400.

Chegada: Estrada á Ermida.

Distancia: 1 KM.

Duración: 20 minutos.

Dificultade: Media.

Puntos de interese: Muíños das Xesteiras, Torre e parque de Celas, Igrexa de Santa María de  Celas e Rectoral.

Transcorre pola parroquia de Santa María de Celas, no medio máis rural do Concello. Conforma un dos máis importantes ámbitos etnográficos de toda a comarca e un dos mellores exemplos de arquitectura popular ligada ao agro.

Once muíños espallados sinalan o percorrido do itinerario fluvial que transcurre ao longo deste tramo. Este conxunto de edificación é testemuña dunha economía agraria baseada no cultivo dos cereais, que foi o sustento fundamental das familias campesinas. Os muíños pertencen a varias familias que cederon o seu uso ao Concello de Culleredo. Dous deles, Fraganova e Ramallal, situados nos extremos da ruta, foron recuperados na funcionalidade orixinal. Nos contornos destas construccións emerxe unha importante rede de canalización das augas, que constitue unha obra de enseñaría civil popular.

 

ROTEIRO MARIÑAN

Localización: Bregua, Boedo, Cabana, Lamelas, Castelo de Veiga, Pena de Santa Marta, Castelo de Xalo, Folgueira, Xian, Vilaverde.

Inicio: Bregua. Arteixo (Ponte do Ba).

Chegada: Vilaverde. caral (Paleo, San Estevo).

Distancia: 27 KM.

Duración: En Culleredo 5h. Total 8h.

Dificultade: Media alta.

Puntos de interese: Monte Xalo. itinerario fluvial Rego das Xesteiras, torre e parque de Celas, igrexa de Santa María de Celas e rectoral, área de lecer de Castelo, conexión co Roteiro do Xalo e dos Sete Regos.

Este roteiro pasa polos  concellos de Arteixo, Carral e Culleredo. O seu percorrido é lineal:  comeza en Arteixo e remata en Carral, pero a maior parte do traxecto transcorre por Culleredo.

Este  roteiro forma parte do chamado Roteiro Mariñán, formado por dez roteiros pertencentes aos oito concellos da Comarca das Mariñas coruñesas.

ROTEIRO DE XALO E OS SETE REGOS

Localización: Celas.

Inicio: Monte Xalo.

Chegada: Celas de Peiro.

Distancia: 20 KM.

Duración: 3h en bicicleta/ 6h a pé.

Dificultade: Media alta.

Puntos de interese: Monte Xalo, itinerario fluvial Rego das Xesteiras, torre e parque de Celas, igrexa de Santa María de Celas e Rectoral.

Transcorre polos concellos de Cambre, Carral e Culleredo. Concíbese como un dos tres circuítos independentes que se atopan enlazados entre sí, sumando un total de 52 Km. O itinerario do Xalo e dos Sete Regos ten case 20 Km e transcorre por Culleredo. Está diseñado para cicloturismo en BTT e tamén axeitado para senderismo e carreira pedestre.

 

MONTE XALO

Localización: Castelo.

Constitúe o pulmón verde máis preto da cidade da Coruña. Destaca a súa diversidade de fauna e flora autóctona. Lugar ideal para practicar diversas actividades. senderismo, bicicleta, escalada, etc.

 

Anuncios