Memorial Pequecho

Desde o ano 2008 o Concello de Culleredo e a Asociación Motoclub Culleredo organizan no mes de setembro, o Memorial José Ramallo «Pequecho».

José Ramallo «Pequecho», que naceu e viviu e Culleredo, foi un dos máis importantes e pioneiros do motociclismo en Galicia, tanto polos seus méritos dentro como fora do mundo da competición. Entre os primeiros destaca por ser un dos tres primeiros gaelgos que correron nuuha proba oficial no circuito do Jarama, no ano 1972, xunto con Angel Nieto, Bordóns, Grau, Alguersuari, Tormo ou Pedro Cegarra. Fóra da competición, «Pequecho» foi o impulsor  e organizador da subida de velocidade a Culleredo, proba que no seu momento era a más antiguadas galegas. Ademais foi un dos fundadores de Moto Club Coruña. Despois de case 30 anos dedicado ao mundo da moto,  chegoulle a morte en novembro de 1990, en accidente de tráfico, o que foi un  duro golpe para toda a familia do motociclismo galego e para os veciños/as de Culleredo. «Pequecho» foi un importante exemplo de compañeirismo e superación persoal, xa que desde moi novo perdera a súa perna nun accidente laboral, algo que nunca lle impediu continuar coa sía afección á moto.

Esta Concellería restaurou no ano 2008, unha das motos máis emblemáticas de «Pequecho»: unha DERBI RAN 50, réplica da utilizada por Angel Nieto para gañar un dos seus campionatos do mundo, e doada ao Concello xunto con outro material, entre o que  destaca a Medalla de Honra do Mérito Motocicilista (categoria de bronce), outorgada a  «Pequecho» pola Real Federación Motociclista Española a título póstumo. Este material está exposto nunha vitrina no recibidor da Casa do Concello.