Mercado Templario do Burgo de Faro

O mercado templario do Burgo de Faro ten lugar todos os anos o primeiro fin de semana de  xullo no Paseo Marítimo do Burgo.

Este evento, que se iniciou no ano 2008, pretende rescatar o pasado histórico local, no tempo no que os Templarios tiñám o entón  chamado “BURGO DE FARO” como centro de actividade.

No século XII aparece con forza na documentación o chamado Burgo de Faro, seguramente xa existente nos séculos IX e X orixinado polo forzoso traslado da poboación da Coruña a un lugar máis seguro. Converteuse nun importante nucleo urbano. Tense dito que a mediados do século XII só as  cidades episcopais, Allariz e O Burgo son os únicos enclaves urbanos en Galicia, nel asentáronse os templarios e o mosteiro de Sobrado, con moitas posesións e rendas, entre elas os muíños de Acea de Ama.

Ao Burgo de Faro  chegaban barcos con mercancias e preregrinos do norte de Europa. Foi moi protexido polos mornarcas Alfonso VII e Fernando II, así como polos Condes de Traba.

No século XII  documéntase a existencia dunha confraria de alafaiates (xastres) baixo a advocación de San Miguel, que sería unha das primeiras dos reinos cristiáns.

A fundación de A Coruña a comezos do século XIII, marcaría o comezo do declive do Burgo, aínda que os templarios seguíron potenciando ata a súa desaparición, no ano1312.

Este Mercado Templario do Burgo de Faro é o único con esta temática organizativa en Galicia. Está situado no Camiño Inglés de peregrinación, concretamente no roteiro chamado CAMIÑO DE  FARO.

Tamén é dos poucos eventos que se realiza en entornos naturais,  fora dos núcleos urbanos históricos das cidades e vilas. característica que lle aporta un atractivo singular.

Anuncios