Feirón de Culleredo

Ó pasado  11 de agosto, celebrouse como todos os segundos domingos de mes o feirón de Culleredo en Acea de Ama.

130 postos de venda, tanto de alimentación, textil, calzado. artesania, complementos, productos ecolóxicos como productores locais da zona

Publicado en Uncategorized

FESTAS EN CELAS

CARTEL

Imagen | Publicado el por

Feirón de Culleredo

Ó próximo 14 de abril, celebrarase como todos os segundos domingos de mes o feirón de Culleredo en Acea de Ama.

130 postos de venda, tanto de alimentación, textil, calzado. artesania, complementos, productos ecolóxicos como productores locais da zona.

Publicado en Uncategorized

Celas celebra a fin de semana as festas de San Outelo coa tradicional bendición de cans

CARTEL SAN OUTELO  2013 (2)

Imagen | Publicado el por

Feirón de Culleredo

Ó próximo 10 de marzo, celebrarase como todos os segundos domingos de mes o feirón de Culleredo en Acea de Ama.

130 postos de venda, tanto de alimentación, textil, calzado. artesania, complementos, productos ecolóxicos como productores locais da zona.

Publicado en Uncategorized

MERCADILLO DE 2º MAN E LABORES

cartel

O Concello de Culleredo organizará o domingo 17 de marzo o seu primeiro Mercadillo de Segunda Man e Labores. Terá lugar na praza de Europa do Burgo, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Será unha oportunidade para vender obxectos usados ou feitos manualmente. Para ostentar un posto é necesario formalizar a inscrición que se adxunta.

Esta accion, impulsada pola Concellería de Servizos de Dinamización Local, pretende ofrecer unha oportunidade económica, á vez que dinamizar a rúa.

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NO MERCADO

  • O mercado de segunda man é un mercado de obxectos usados ou feitos manualmente.
  • Está permitida a venda, compra, regalo e intercambio.
  • Non están permitidos os produtos alimentarios, plantas ou animais. Tampouco están permitidos os saldos.
  • A participación está aberta a toda a cidadanía e se pode facer de xeito individual ou en representación dunha entidade ou asociación. Está prohibida a participación de profesionais do comercio.
  • Cada posto deberá ocupar un máximo de 2 metros, e non se dispón de ningún tipo de infraestructura, cada participante ten que traer a súa.
  • Cada participante é responsable dos seus obxectos, tanto do transporte e colocación como da súa recollida unha vez rematado o mercado. Haberá un espazo habilitado para carga e descarga.
  • Ademais cada participantante é responsable de deixar limpo o espazo unha vez recollido o posto. A organización porá a disposición dos participantes unha bolsa para recoller os refugallos.
  • Os vehículos dos participantes non poderán ocupar o espazo onde está ubicado o mercado.
  • O horario do mercado é de 10:00 a 14:00. A Montaxe é de 9:00 a 10:00. Ás 15:00 o espazo debe estar limpo e libre de obxectos.
  • A ocupación dos postos é de balde pero é imprescindible inscribirse seguindo o procedemento establecido polo concello.

O prazo de inscrición comenza o día 26 de febreiro e remata o día 12 de marzo.

Información e inscrición:
Casa Consistorial. Rúa do Concello, 12. Culleredo. Teléfono: 981677777. Extensión: 1057 ou 1138
Correo electrónico: turismo@culleredo.org
Fax: 981677646

Publicado en Uncategorized

Participación na Cabalgata de Reis

A Concellaría de Servizos de Dinamización Local organiza o día 5 de xaneiro a Cabalgata de Reis pola zona urbana do Concello de Culleredo.

Para participar como figurante:

  • Figurantes: 30 nenos/as e 5 adultos.
  • Requisitos: nenos/as de 8 e máis anos.
  • Datas de inscrición: do 19 ao 21 de decembro.
  • Teléfono: 981-912120.
  • Horario: 16:30 a 19:00.

A inscrición a realizará a  empresa encargada do desfile e será por riguroso orden de chamada.

Publicado en Uncategorized